Ir o contido principal

Listado de novas

Parade, o Circo dos Valentes

O pasado 20 de marzo os nenos e nenas de educación infantil acudiron ao auditorio de Galicia para ver a peza teatral Parade, o Circo dos Valentes, cun acompañamento musical a cargo da Real Filharmonía de Galicia nada menos. Aos peques gustoulles moito coñecer a historia do elefantiño Babar.

Podedes ver o vídeo deste acto accedendo á galería.

 

Seguridade Vial en Amio

O pasado martes 8 de abril o alumnado de 5º e 6º de Educación Infantil acudiu ao recinto ferial de Amio para recibir unhas clases sobre seguridade vial. Estiveron moi atentos e polo que se pode ver nas fotos tiveron boa conta dos consellos e regras que lles deron. Velaí os tedes!

8 de marzo Día da Muller

Este pasado 8 de marzo, celebrando o Día da Muller, o alumnado de Educación Infantil levou a cabo unha serie de actividades para concienciar da importancia de medrar en igualdade.

Charla ALCER 6º primaria

Como cada ano, a asociación ALCER acudiu ao noso centro para explicar e concienciar aos maiores de 6°EP sobre a necesidade da doazón de órganos en xeral, e de ril en concreto. Incidiron na necesidade de falar sobre este tema en familia, aclarando a multitude de dúbidas que xurdiron.

My funny Frankenstein

O pasado martes 11 de febreiro o alumnado de 5º e 6º de primaria acudiu ao Auditorio Abanca para ver a obra de teatro en inglés "My funny Frankenstein". Nesta peza teatral a Dra. Frankenstein está a preparar unha festa para revelar a súa creación máis recente: un monstro formado a partir de partes de corpos humanos.

Teatro "A teteira de Kabul"

O luns 20 de xaneiro o alumnado de 3º e 4º de Primaria acudiu ao Teatro Principal para acompañar a Mina na súa viaxe.

Visita á residencia Volta do Castro 2024

 

Este ano como todos os anteriores, 

fumos á Volta do Castro a visitar aos nosos maiores.

Foi un encontro agradable nestas datas sen igual, 

para desexarlles a todos eles un feliz Nadal. 

Chapas solidarias para a Obra Social de Pediatría do CHUS

Todo o alumnado do cole participou na elaboración das Chapas Solidarias con deseños personalizados. 

Moitas foron as familias que pasaron polo posto o día da carreira para mercar a súa chapa! 

Grazas a colaboración de toda a comunidade educativa conseguimos recadar 300€ que foron destinados á Obra Social de Pediatría do C.H.U.S.