Proceso de admisión e matrícula
A continuación expoñemos os pasos a seguir para a admisión e matriculación do alumnado no noso centro segundo a normativa vixente.
A continuación expoñemos os pasos a seguir para a admisión e matriculación do alumnado no noso centro segundo a normativa vixente.
A asociación ALCER acudiu a tarde do luns 16 de febreiro ao noso colexio para falarnos sobre quenes son e a importancia da doazón de òrganos na nosa sociedade. Aprendimos e charlamos largo e tendido sobre a enfermidade renal crónica e animáronnos a reflexionar sobre todo o que falamos. Foi un pracer contar con eles!
Sabías que o centro histórico de Santiago de Compostela estivo rodeado durante anos por unha gran muralla de case dous quilómetros? E que posiblemente no teu día a día atraveses algunha das portas da muralla que na Idade Media foron estratéxicas?. Pouco se sabe de como era a construción orixinal da muralla, aínda que o Códice Calixtino si facía referencia ás sete portas principais, que servían de comunicación entre a cidade e o espazo rural. Tratábase da Porta Faxeira, Porta da Mámoa, Porta do Camiño, Porta da Pena, Porta de San Francisco, Mazarelos e Porta da Trinidade.
A empresa Leroy Merlín ofreceu unha mañá diferente e divertida ao alumnado de segundo e terceiro ciclo de primaria. A través dun xogo de probas e preguntas aprenderon interesantes conceptos sobre a economía circular e o consumo responsable.
O alumnado de Educación Infantil e de 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria enviaron hoxe as súas cartas coas súas peticións para os tres reis de Oriente, Melchor, Gaspar e Baltasar. Esperamos que todos se portasen moi ben para que lle traigan todo o que pediron dentro do posible, porque xa se sabe que todo ás veces non pode ser porque hai que repartir tamén cos demáis nenos e nenas do mundo. Velaquí os tedes depositando os seus desexos no buzón real para que logo o veña a buscar o paxe real e llo leve ás Súas Maxestades.