Ir o contido principal

Listado de novas

O Magosto

O pasado 9 de novembro celebramos a festa do Magosto no noso colexio. A ANPA "A Landra" trouxo un tren de castañas onde todos os cursos se subiron para recoller o agasallo gastronómico típico desta época do ano. É unha festa que se leva a cabo por toda a nosa xeografía entre a segunda quincena de outubro e a primeira de novembro.

Galería de imaxes

Unha volta polo mundo

Este curso 2023-2024 o proxecto para o fomento do uso do galego chámase "Unha volta polo mundo", promovido polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Equipo de Biblioteca.

Educación viaria 6º infantil

O pasado martes 10 de outubro os nenos e nenas de 6º de infantil acudiron ao recinto ferial de Amio para participar en actividades de Educación Viaria.

O noso comedor participa na IV Edición de Come Local

Este curso participamos de novo na campaña "Come Local" impulsada pola Xunta a través de AGACAL en colaboración con Slow Food Compostela. 

Será todo un pracer degustar produtos galegos IXP, DOP e Ecolóxicos e continuar coa formación e asesoramento k proporciona Slow Food.

Excursión aos museos de A Coruña

A comezos deste mes o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º foron de excursión aos museos científicos da Coruña. Visitaron a Casa das ciencias e o planetario, onde visionaron un interesante vídeo sobre as estrelas e o universo.

Apípolis, a cidade das abellas

Os nenos e nenas de 1º e 2º fixeron unha visita a Apípolis. É un centro para a comprensión das relacións existentes entre os seres humanos e as abellas, que se encadra dentro dos Equipamentos para a Educación Ambiental. Apípolis pretende facilitar o achegamento a determinados procesos naturais, posibilitando que os visitantes poidan vincular as súas vivencias cotiás a eles, así como ás problemáticas que lles afectan.

Alí coñeceron máis de perto ás abellas e ata se vestiron como auténticos apicultores para achegarse máis á vida deste pequeno pero importantísimo animal.