O xoves 9 de abril, o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria acudiu á Facultade de Ciencias da Comunicación para asistir a unha nova edición de Curtocircuíto Campus, antesala do Festival Internacional de Cinema Curtocircuito.
Os nenos e nenas puideron desfrutar de catro curtametraxes nestas xornadas dedicadas á formación, alfabetización audiovisual e á creación de novos públicos.


