Listado de novas
A Milagrosa en Come Local
A Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL) publica nas súas redes sociais un vídeo resumo da campaña "Come Local" dos últimos anos. Como non podía ser doutro xeito, o noso colexio participa na mesma, ofrecendo ao noso alumnado unha dieta equilibrada sen esquecer o consumo responsable e de proximidade. Para visualizalo, preme no seguinte enlace.
Receita de Orellas de Carnaval en Slow Food da nosa cociñeira
Os cociñeiros e cociñeiras sostibles de Galicia dan a coñecer algunhas das súas receitas a través de Slow Food. Mónica, dende a cociña do noso comedor, pon tamén o seu gran de area neste cometido. Trátase dunha receita de orellas de Entroido que se a seguides e probades na casa, vades ver e probar que están riquísimas!
Ninja
Hoxe o alumnado de 5º e 6º foi ao teatro para desfrutar da obra "Ninja". Ninja é unha actuación coa que abordamos o acoso nas escolas a través dunha historia divertida e chea de reflexións sobre a tolerancia, o respecto e a diversidade e coa que queremos amosar que un dos pasos máis importante para resolver un problema é facelo visible.

Entroido 2024
Xa chegou o Entroido ao noso colexio un ano máis! Estivo cheo de super heroes e super heroínas, policías para controlar que ninguén se pasase da raia, princesas a esgalla, animaliños, piratas, personaxes de videoxogos... Mimadriña!! Daba para facer unha película que seguro que había todo o que fixese falta!
Visita ao CSIC
O pasado venres 26 de xaneiro o alumnado de 6º de educación primaria acudiu ao Campus Vida da Universidade de Santiago de Compostela, sede do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), para participar nunha serie de obradoiros no ámbito da ciencia e a investigación financiados pola Vicepresidencia Adxunta de Cultura Científica e Ciencia Cidadá do CSIC.