Ir o contido principal

Listado de novas

Un mago no cole

Onte veu polo cole un mago e no foi un mago calquera. Chámase Víctor Noir e fixo do seu espectáculo un momento moi ameno para todos os nenos e tamén aos non tan nenos que alí estabamos. Apareceron e desapareceron moedas, viaxaron bolas, cordas estiráronse coma serpes que se cortan e se volven a unir, había unha caixa que parecía que non tiña fondo e unhas pombas que estanban nunha xaula desapareceron con xaula e todo! Foi moi divertido e convertiu unha tarde normal no cole en algo moi especial, coma se fora por arte de maxia... 

Día das Letras Galegas 2021

Hoxe é o día do noso idioma, é o día das Letras Galegas. A homenaxeada é Xela Arias, escritora, traductora, editora e profesora, que nos deixou a unha idade moi temperá, só con 43 anos no ano 2003. Velaquí tedes un vídeo coas actividades que fixo o noso alumnado. Esperamos que vos guste.

Vídeo Letras Galegas 2021

Contacontos

Este pasado luns 26 de abril o alumnado de 5º e 6º de Educación Infantil e o de 3º e 4º de Educación Primaria puideron disfrutar de Sabela Gago, unha contacontos que fixo que estimulasen a súa imaxinación a través duns contos nos que os nenos e nenas eran partícipes activos dos mesmos.

Campaña "Come local"

O noso comedor escolar participa na  campaña “Come Local” levada a cabo por Slow Food Compostela para a Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal). Preténdese con esta inciativa poñer en valor os produtos galegos con certificado de calidade:

Solicitude de admisión curso 2020/2021

Abriuse o prazo de solicitude de admisión de novos alumnos para o curso 2020-2021. Está aberto dende o 1 ata o 20 de marzo de 2020.

A continuación deixamos a información sobre este proceso: