Educación Viaria

O martes 20 de outubro, o alumnado de 4º de Educación Primaria tivo un obradoiro de Educación Viaria a cargo da Policía Local de Santiago.

Despois de ofrecerlle unha charla sobre a importancia de respectar as normas de seguridade e prestar atención cando imos pola rúa, visitamos as dependencias policiais para ver de primeira man o traballo da policía da nosa cidade.