Tarifas Actividades Extraescolares

Coincidindo co inicio do curso 2026-2027, o  centro pon a vosa disposición a relación de actividades que se propoñen para o presente curso.

  • Inglés: dúas sesións semanais compatibles coas quendas do comedor (40€/mes), que se realizarían nos seguintes horarios:

    • 12.30-13.30: 3º,  4º e 5º  de Educación Primaria.

    • 13.30-14.30: Educación Infantil, 1º , 2º e 6º de Educación Primaria.

Esta actividade terá continuidade ata o 21 de xuño incluído.

 

  • Baile Moderno. Luns ou xoves de 17h a 18h.

  • Taekwondo. Mércores de 17h a 18h.

  • Francés. Xoves de 12.30 a 13.30 (5º) e de 13.30 a 14.30 (6º).

  • Patinaxe. Mércores de 17h a 18h.

  • Manualidades. Martes de 17h a 18h.

  • Debuxo e Pintura. Luns de 17h a 18h.

[As anteriores actividades teñen un custo de 20€/mes].

  • Robótica. Luns, martes ou xoves de 17h a 18h. [custo da actividade 25€/mes].

 

O centro oferta ademais as seguintes actividades:

  • Informática. Martes de 14h a 15h. [custo da actividade 10€/mes]
  • Coro – Rondalla Mércores e xoves de 17h a 18h. [custo da actividade 10€/mes]
  • Iniciación de guitarra Martes de 17h a 18h. [custo da actividade 10€/mes]
  • Tardíos I 

    O custo do servizo de tardíos de 17:00h a 18:00h será de:

  • Un día de tardíos ................10 euros/mes.

  • Dous días de tardíos ...........20 euros/mes.

  • Tres días de tardíos.............25 euros/mes.

  • Catro días de tardíos...........30 euros/mes.

  • Día solto................................6 euros.

  • Tardíos II

    • Mensualidade.......................20 euros/mes.

    • Día solto (luns a xoves)..........2 euros.

    • Día solto (venres)...................6 euros.

 

  • Fútbol campo: O equipo E.D.S. Santa Marta continuará a actividade co alumnado do noso centro. Dependerá única e exclusivamente do propio club. Os venres recollerán ao alumado no centro e realizarán os traslados ata as instalacións do campus universitario. Os pais do alumnado que participe nesta actividade deben firmar unha autorización para abandonar o centro cos monitores. Se algún alumno ou alumna quere participar nesta actividade pode poñerse en contacto co club a través do número de teléfono 697408573 ou no correo electrónico info@edssantamarta.com.

 

O importe das actividades abonarase no mesmo número de conta que o comedor ES25 - 2080-0314-39- 3040013323 de ABANCA.

Os ingresos deberán efectuarse no transcurso dos dez primeiros días de cada mes. En cada abono deberán figurar: apelidos e nome do alumno/alumna, curso e o mes ao que corresponde. Recomendamos gardar a copia a fin de solucionar posibles erros.

SAÍDAS

A saída realizarase as 18:00 polas seguintes portas:

  • Porta de Rosalía de Castro 

Rondalla , Coro, Robótica, Taekwondo, Baile moderno e Tardíos 1 de 4º, 5º e 6º. 

  • Porta da Avenida de Barcelona 

Manualidades, Patinaxe e Debuxo e Pintura.

  • Porta da rúa A Milagrosa 

Tardíos 1 de Educación Infantil e de 1º,  2º e 3º. 

 

Coordinadora de Actividades Extraescolares. 

Dona Felisa Pérez Ferreiro.

felisa.perez@colexioamilagrosa.gal